domingo, maio 11, 2008

Maio de Romeo e Julieta

Susana Barrul Salazar, tirou-se a noite do 25 de Abril à Ria de Ferrol, desde a ponte das Pias. Tinha 17 anos e ninguém poido salvar-lhe a vida, sucedia na nossa cidade, em Ferrol. A rapaza vivia em Caranza coa sua nai. Nem os medios de salvamento despregados imediatamente na zona, e que despertárom ou mantiverom em alerta a todo o vecindário de Caranza, fórom quem de atopa-la até o dia seguinte, quando recuperárom o seu cadáver. Os meios de comunicaçom refletírom a noticia, todos os jornais, televissons, rádios... reflectiam a nova. O que nom transcendeu foi a morte, uns dias depois do seu mozo, de 18 anos, por sobre dose de barbitúricos. Esta nova só circulou polo bairro, nas conversas mais íntimas, apareceu também nas sempre bem informadas esquelas. As conversas iam acompanhadas da explicaçom do inexplicável, a rapaza discutia coa sua nai porque nom a deixava relacionarse co seu mozo. O mozo quitou-se a vida ao enteirar-se da morte de Susana. Romeo e Julieta em Caranza, numha nova representaçom do assassino chamado "amor romântico", e da intransigência social ante o comportamento afetivo-sexual das e dos adolescentes.

Nunca! nunca perdoaremos o sofrimento e a dor causada polas ideologias políticas, religiosas ou culturais, que mantenhem o amor e o sexo mutilado das alas da liberdade que lhe som próprias. Para Susana, e para o seu moço, as nossas disculpas, por nom chegar a tempo às suas vidas, polas vezes que calamos ante actitudes machistas e sexistas, que negam a necesidade da educaçom afectivo-sexual no curriculum escolar e seguem a manter, dentro das escolas umha formaçom religiosa onde contam que Adam e Eva fórom expulsados do paraíso por comer da fruta proibida.

---

Um comentário:

Anônimo disse...

Si, a verdade que a historia é escalofriante. Eu, ademais, oín que a rapaza estaba prometida, polos seus pais, a outro da súa etnia. Sabes algo diso?
Se fose unha moza islámica isto sería un escándalo, como son xitanos debemos calar, para non ser tildados de racistas?
A diferencia e respecto pola diversidade cultural e racial, non se pode usar para a violencia contra das mulleres.
E a integración significa que só hai unha mesma lei para todos/as.
En fin, un debate que aínda non está nin encauzado e que racistas dun lado, e machistas doutro usaran para decalificar a quen se atreva a facer preguntas incómodas.
Apertas.