Quero manifestar a minha total repulsa pola presenza na Galiza do ecuatoriano Luis Villacís Maldonado, pertencente ao Movimento Popular Democrático do Ecuador (MPD), convidado pola organizaçom MCB-Capítulo Galiza, vinculada às organizacións independentistas Primeira Linha e Nós-UP, e que vai protagonizar um acto político no Centro Social "A gentalha do Pichel" da cidade de Compostela o próximo dia 11 de Novembro. Luis Villacís Maldonado apoiou o intento de golpe de estado contra o Presidente Rafael Correa do pasado 30 de Setembro. As intençons para vir ao nosso país som claras. Pretende, baixo o paraugas de forças de esquerdas, adoctrinar à gente mais nova, com inquietudes revolucionarias, em contra dos procesos transformadores que estam a levar a cabo os países do ALBA, aos quais pertence Ecuador por decissom do governo de Rafael Correa, que mantem umha posiçom claramente antimperialista e conta co apoio de amplos sectores populares da sociedade ecuatoriana como som o Partido Comunista do Ecuador, a Juventude Comunista do Ecuador, Confederaçom de Trabalhadores do Ecuador, Confederaçom de Povos e Organizaçons Campesinas Indígenas do Ecuador, Frente Unido de Mulheres e Federación Ecuatoriana de Indígenas.
Este adoutrinamento permitirá que novos intentos de derrocar as políticas antiimperialistas dos governos do ALBA, agora via golpes de estado, como o que triunfou em Honduras, nom encontrem a solidariedade internacionalista que se precisa nestes momentos onde as forças do capitalismo concentram os seus esforços em afogar qualquer alternativa que o questione.
É hora de preguntar-se quem apoia a gira europea desta pessoa, quem lhe dá acobilho na Galiza, quais som os poderes e a ideologia que sae reforçada deste agir político; que poderes estám detrás do obxectivo de derrocar ao governo de Rafael Correa?
Nestes enlaces achega-se informaçom.
http://ccb-galiza.org/
http://primeiralinha.org/home/
http://www.kaosenlared.net/noticia/hoxhistas-pcmle-mdp-complices-insurreccion-fascista-sectores-policiale-1
http://www.youtube.com/watch?v=c1sxoEnaW84&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=aOpf82P_j3E
http://www.youtube.com/watch?v=3dsV-jsYlw8&feature=related
---
6 comentários:
Conviria documentarse un pouco antes de sacar a lingua a pacer. A maioria da esquerda revolucionaria ecuatoriana, incluído o 15% do parlamento do país e o movimento indígena que levou a Correa ao poder denuncia hoxe a política neoliberal do amigo de Hillary Clinton, e non só Luís Villacís, a quen insultas gratuitamente cunha falta de respecto inxustificábel.
Curiosamente, o "golpe" ecuatoriano foi dado por cabos, ao contrário que todos os golpes coñecidos en América Latina, que sempre foron protagonizados por xenerais. Un pouco estraño, non?
Tamén é curioso lembrar cando o BNG e a UPG acusaban a Lupe e a sua organización política (APU) de exactamente o mesmo que agora Lupe acusa aos revolucionarios ecuatorianos: de ser axentes do imperialismo e reventadores dos "procesos populares" dirixidos polo reformismo.
Menos sectarismo, mais memoria e un pouco de respeto, por favor.
Entrevistamos a Luís Villacís, dirigente del MPD : "Correa traicionó el proyecto de cambio en el Ecuador"
http://www.kaosenlared.net/noticia/entrevistamos-luis-villacis-dirigente-mpd-correa-traiciono-proyecto-ca
O noso querido anónimo que postou con anterioridade, pensa que o asunto é só un problema de documentarse un pouco máis, antes de opinar. Indpendentemente de que isto non sexa así, pois o de que se trata é de dar unha batalla ideolóxica que ten máis dun século de confrontación contra a enfermidade infantil do esquerdismo. Mais imoslle facer caso ao tal anónimo e o que atopamos non e máis que reforzar argumentos contra o Sr. Luis Villacís Maldonado e o PCMLE eo MDP e toda a camarilla. Mesmo analisando os seus propios sitios webs. Non se trata xa de se houbo o non golpe de estado, ainda que o postante anónimo recoñece que si, tratase de dar unha batalla contra quen desde supostas posturas revolucionarias, pretende alecionar na fasidade e manipulación, e provocar desmoralización e insolidariedade na na mocidade da Galiza. Seguiremos.
Ata a vitoria sempre !
O que desmoraliza é ver a Correa abrazado a Hillary Clinton, algo que até agora non fixéron Chávez, Evo nen Raúl.
Polo demais, a autora non se limita a facer unha crítica política, que sería lexítima. Vai mais alá, insultando e aplicando aos outros a mesma medicina que lle aplicaron a ela hai 20 anos: "provocadores", "esquerdistas", etc. Iso xa non é tan lexítimo.
Que fácil é caer no mesmo que antes combatíamos, non?
Que ligaçom há entre Luis Villacís Maldonado do MDP-PCMLE e Primeira Linha - Nós-UP ?
Quen é o responsável ou responsaveis de que Luis Villacís Maldonado visite Galiza ?
Qual é o obxectivo da visita de Luis Villacís Maldonado ?
Por que agora ?
Desde quando existem estas relaçons ?
Quem foi a pessoa que propuso este acto co golpista Luis Villacís Maldonado ?
Agardo que isto chegue a alguém honesto dentro deste mundo que poida reflexionar sobre isto e tire conclussons.
Achego este enlace com
O Proxecto Matriz / The Matrix Project, para ampliar o conhecimento:
CLAVES PARA COMPRENDER O GOLPE DE ESTADO DE ECUADOR
http://www.ecuadorenvivo.com/2010111061312/politica/gobierno_espanol_expresa_su_apoyo_a_correa_por_los_hechos_del_30-s.html
Correa aprovechó la visita para felicitar su designación y la describió como una mujer “que conoce mucho Latinoamérica”,
La delegada española expresó su complacencia por su visita a Ecuador, “un país hermano, un país en el que nos sentimos especialmente vinculados con un Gobierno amigo, con un Gobierno con el que tenemos un fuerte compromiso”.
MMM otra mas.. q defiende el falso golpe de estado.. o intenog d egolpe.. vino PIÑERA.. GARCIA… LA EMBAJADORA EEUU.. AHORA LA CANCILLER ESPAÑOLA… EL PROXIMO MES CREO Q LLEGA SANTOS PA CONDENAR ELGOLPE.. Q DETALLES NO?.. SERA Q CON HONDURAS. ESTOS TIPOS HICIEORN LO MISMO.. ???
PA LOS Q SIGUEN CREYENDO Q CORREA es de izqueirda..
.
Sr ou Sra Anonim@, Vostede confunde relacións de estado con relacións políticas. Ecuador está inequivocamente no ALBA, xunto con Venezuela, Cuba, Bolivia, Nicarágua, Dominica, Antigua e Barbuda e San Vicente e Granadinas. Cousa que imaxino non poñerá en dubida. Tratado que está baseado na cooperación, no entendemento e socorro mútuo, promover a igualdade e a xustiza.
O ALBA é un tratado de colaboración internacional entre os povos, contrario ao ALCA, proposto por EEUU que representa uns acordos de comercio libre -Área de Libre Comercio das Américas, unha proposta de mercado comun para as Américas.
O ALBA propón un novo modelo político, económico e social, baseado no benestar das persoas e na colaboracións entre os pobos, cun claro contido social e anti-imperialista. En xuño de 2009 refundou-se cambiando o nome polo de Alianza Bolivariana para os Povos da Nosa América – Tratado de Comercio dos Povos.
O Ecuador manten relacións diplomáticas, con todos os estados do mundo excepto con Honduras, polos motivos que tod@s sabemos. Polo que o lóxico é que todos os estados amosen a súa solidariedade con Goberno do Ecuador que abortou un golpe de estado. Uns paises amosaron a súa hipócrita solidariedade e outros amosaron a súa sincera solidariedade. Polo que a condena da intentona golpista, non mide o grado de esquerda que ten o Goberno de Correa. O Ecuador non está inmerso nunha revolución socialista, non existen as condicións sociais, políticas e económicas para iso. Só encetou un camiño ao socialismo, pasando pola democratización do país, comezando polas institucións e economía. Desenvolvendo a recientemente aprobada Constitución, sen poñer en perigo a saúde e benestar da clase traballadora e dos diferentes povos que compoñen o crisol ecuatoriano de culturas e etnias.
Postar um comentário