sábado, outubro 24, 2009

Anita



Apartando a intensa dor que me impede quase respirar, achego-me a este teclado. Tento pensar que nom é a mim a quem corresponde paralisar-me e deixar-me afogar no poço da sem-razom que é a sua morte. Enquanto esse tornado de dor e desesperaçom estará engolindo agora a todos o seus seres queridos, sinto que eu tenho que transmitir ao mundo quem era Anita, para que vos compadeçais de nós por tê-la perdido, e para que saibais o que perdechedes, as pessoas que nom a puidechedes conhecer.

Anita era umha sustentadora do mundo. Assim aparece nesta foto que se veio asinha à cabeça em quanto soubem da sua trágica morte. Assim, sustendo a Colcha da Solidariedade que muitas mulheres do mundo tecerom no ano 2005, com o anaco aportado por nós em Vigo, e que tam bem simbolizava a solidariedade.

Sustentadora do mundo, porque por onde quer que passava, ainda que o tempo a alonjara dum contacto diário, a sua pegada quedava indelével. Por isso, no dia de hoje, onde um maldito segundo roubouno-la para sempre, soa um eco por toda a comarca Ártabra "que imos fazer sem ela?"

Trabalhei com Anita muitos anos na MMM. Nada seria igual sem ela, sem a sua habilidade construtora de optimismo e esperança. Sei que foi o mesmo na sua actividade de mais nova no colectivo juvenil "Ar Ceibe". A Secretaria da Mulher da CIG, teve também o privilégio da sua participaçom, assim como outros colectivos políticos e sociais.

Mais queria sublinhar o seu bom fazer profissional. Como educadora social puidem ver os seus logros no curto espaço que o Concelho de Valdovinho a tivo contratada. O trabalho e a coordenaçom com o meu centro, o CPI de Atios, dérom tantos benefícios para o estudantado com problemas, que desde o Conselho Escolar tentamos sem sucesso, umha e outra vez, que voltara a ser contratada. Assim passou também na sua curta estáncia nos serviços sociais do concelho de Ferrol, onde levou adiante muitas iniciativas, todas elas sanadoras e criadoras de vida.

Porque Anita era umha sanadora. Chamavas para consultar-lhe um problema porque sabias que ela abria as maos e ali te oferecia um recurso, umha ideia. Sempre lembrarei especialmente o que me ajudou nos últimos anos da vida de meu pai. Foi ela a que abriu a mau para que aparecesse Ana, que o acompanhou a el, e sobretudo à minha mai, nos últimos meses.

Agora tinha um cargo muito importante no CAMF de Ferrol, como se correspondia à sua professionalidade. Imagino a todas e a todos unindo-se ao nosso eco "que imos fazer sem ela?"

Nunca, nunca , nunca pensei que teria que escrever isto, tam injusta é a tua morte para ti e para os teus. Por isso só posso dizer-te entre lágrimas, que viverás nos nossos pensamentos enquanto dure o nosso tempo, e que tentaremos ser cada dia um pouco coma ti. Anita, Anita...
---

12 comentários:

Esperanza disse...

Mil gracias Lupe por tus palabras. Desde el CAMF, hoy, todos y cada uno de los que lo formamos tenemos ese sentimiento que has descrito tan acertadamente.
Permíteme utilizar tu espacio para gritar, aunque ni siquiera gritar pueda calmar el dolor y el sentimiento de impotencia.
Anita: ¿Qué va a ser de nosotros ahora sin tí? ¿Quién va a ser capaz de sonreirnos con el corazón como tu lo hacías? ¿Quién nos acompañará con una mano en el hombro de esa manera tan cercana que tenías? Nos trajiste muchas cosas, pero sobre todo has sido para mí un ejemplo de valentía. Gracias, Anita, por un año de VIDA.
Pilar García Martín.

ana santiago disse...

Grazas Lupe,

Custa por palabras a tanta dor. Un exemplo de optimismo, alegría, profesionalidade, estupenda compañeira, mellor persoa. O seu apoio, (xunto co "ovo fritido") imprescindible e inesquecible. Non podo entender á negra sombra, que inxusta.

Ana Santiago

Eva Robles disse...

Cando a miña nai chamou para darme a noticia, eu que teño unha idade similar, fillos pequenos, e ainda que non tiña trato con Anita, fun quen de poñerme no sitio de nai, de filla, de muller, pero non caín en pensar nos amigos, nos compañeiros. Cando falei contigo Lupe, comprendín e lembrei a perda dun amigo, dun compañeiro, en abril morreu unha persona que tamaba café conmigo tódolos recreos dende que estou en Caranza, foi bastante duro para min, e sei o que é esa tristura.
Non falei con ninguén que non tivera un recordo especial de Anita, mesmo a xente coa que non compartía inquedanzas, falan dela como unha loitadora, doce, cercana, e agarimosa.
Para vós, os amigos, os compañeiros en especial para tí Lupe que estás a pasalo mal.
Unha aperta
Eva Robles

Sonia disse...

Tiven a sorte de coincidir con Anita na facultade e mais tarde en cursos posteriores á carreira, e se algo non se me borra da mente e o seu sorriso, ademais son nai de dous pequerrechos e me costa respirar ó pensar en todo o que se rachoú nas vidas dos que a rodeaban nun minuto. Sintó, sintó moítisimo, todos perdemos moito ó marchar ela...
Sonia Fdez

Pablo disse...

Anita era como as súas apertas , intensas e cercanas, … verdadeiras
Era como os seus bicos, sonoros, xenerosos, repartidos para tod@s, sen reparos.
Tal como era fora , era na casa, … non tiña outra cara.
Grazas Lupe.
Gardarei todas as palabras, todo o cariño que lle tedes para que Aldara e Antón saiban ben quen foi súa nai.
Creo que o saberei facer porque tiven o coidado de aprender moito dela.
Pablo

Anônimo disse...

Grazas Lupe polas túas palabras. eu tamén coñecín a Anita e comparto todo o que decides nesta páxina.Era unha grande profesional e unha gran persoa. Non costa traballo decir cousas boas dela.
Antón, Aldara e Pablo téñense que sentir moi orgullosos. moito ánimo , que seguro que continuará loitando dende algún lugar.Helena( Asfedro)

Juanlu disse...

gostariame que recollerades para vos esta famosa copla que Anita utilizou no pasado nadal nuns tarxetóns para as suas compañeiras de Abrente...

"Vouvos da-la despedida non vo-la quixera dare, que sodes amig@s meus non vós quixera olvidare"
"Grazas polos tempos compartidos. Bicos e sorte".
Anita, nadal 2008

Grazas Lupe, querémoste moito..

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
silvia disse...

No logro recordar cuando fue la última vez que la vi, ni nuestra última conversación, ni el último beso o abrazo que nos dimos, y lo curioso es que seguro que no hace mucho … pero por mas que intento recordarlo, no puedo. Suelen decir que nunca se sabe lo importante que es alguien para ti hasta que un día porque sí, de repente, ya no está. Yo lo sabía, sabía lo mucho que la quería, siempre estuvo a mi lado en los buenos y en los malos momentos, ELLA SIEMPRE ESTABA AHÍ, pero no puedo dejar de pensar que nunca se lo dije. La echaré mucho de menos. Ya lo estoy haciendo …….Silvi.

Silvi disse...

No logro recordar cuando fue la última vez que la vi, ni nuestra última conversación, ni el último beso o abrazo que nos dimos, y lo curioso es que seguro que no hace mucho … pero por mas que intento recordarlo, no puedo. Suelen decir que nunca se sabe lo importante que es alguien para ti hasta que un día porque sí, de repente, ya no está. Yo lo sabía, sabía lo mucho que la quería, siempre estuvo a mi lado en los buenos y en los malos momentos, ELLA SIEMPRE ESTABA AHÍ, pero no puedo dejar de pensar que nunca se lo dije. La echaré mucho de menos. Ya lo estoy haciendo …….

Liberdade disse...

Recordatorio de Anita no Blogue de Ártabra 21.

Mentres as cinzas de Anita (Ana Paz Rodríguez) eran incineradas no tanatorio, un grupo de persoas con distintos vínculos con ela, realizaron un itinerario por distintos lugares da cidade que dan mostra da intensidade do amor que nos brindou, na certeza de que, como dizia o poeta, "a forza do seu amor non pode ser inútil".

Colectivo Ártabra 21: Unha pegada inesquecíbel
_____

suso ferrol disse...

No Facebook Irene Lorenzo Benincasa (Uruguay)ven de crear o grupo "HOMENAJE A ANITA PAZ",no que intenta recoller verbas adicadas a esta "RAPAZA CON CAUSA".
Estaria ben que tod@s inda que non teñades,creedes unha conta pra poder deixarlle no seu "muro" as vosas verbas e mostras de agradecimento a esta loitadora.
E que sexa a nosa homenaxe virtual.
Iste e o enlace:
http://www.facebook.com/profile.php?id=100000206753106&ref=ts#/group.php?gid=164649057452&ref=ts

Apertas a tod@s